martes, 8 de noviembre de 2011

Prohibido pescar Xardas


Sempre é o mismo. Cada vez que nos encontramos  cunha situación de crise de unha determinada   pesquería do noso litoral,  sabemos que de contado os nosos gobernantes van a poñer en circulación  alguhna inxeniosa medida que axude á recuperación da especie.
Dende hai un par de anos aproximadamente, tocoulle á Xarda entrar no eido das regulacións e prohibicións: Prohibido pescar xarda en pesca deportiva. ¡ O colmo!, vaia se non. A xarda, rincha, verdel, caballa, ou como se chame, non queda á marxe das sobreexplotacións pesqueiras. Non teño datos das toneladas que de esta especie se capturan ó longo do ano nas nosas costas, pero supoño que han de ser moitas. Tampouco teño datos do que supón o volumen das capturas que en pesca deportiva pode representar no mesmo período de referencia, pero xa o podedes imaxinar: o que pesca un barco do cerco nunha semana equivale ó que poden pescar todos-los aficionados da ría  á pesca da xarda nun verán. Acaso, ¿alguén cree que a pesca deportiva de esas especie pode contribuir á sua extinción ou impedir seriamente a súa recuperación?. Eu creo que non, mais alá eles. A cada paso que dan maior é o desatino que producen, e o desconcerto que xereran.
Abaixo podedes ver un fiel cumplidor da normativa que optou por cambiar de especie: agora dedicase ó leguado. E parece que lle vai ben.

No hay comentarios:

Publicar un comentario