lunes, 22 de agosto de 2011

Sobre Cíes ... e Xidoiros


Fai uns días, podíase ler nun coñecido periódico rexional galego, a noticia do gran aumento de persoas que visitan as Illas Cíes, sobre todo en temporada de verán. Parece ser que a administración xa está poñendo coto ao número de visitantes que se acerca a esta paradisíacas illas limitando o número de visitantes co fin de preservar o delicado equilibrio medioambiental ao que se esta a exponer co incremento de visitantes.

Teño que decir que recentemente estiven este verán nas illas e si ben e certo que tiñan un gran número de vistantes, tamén hai que decir que non vin nin unha soa mostra de falta de respeto ás normas do parque, nin de vandalismo nin de ningún feito por parte dos visitantes que poidera realmente ameazar o fráxil equilibrio do ecosistema que por parte da administración se quere reforzar. En todo caso podería sinalar como falta de bon gusto a pouco decorosa a elevada música do restaurante do porto de Rodas, pero polo demáis, ningún feito que poidera ser realmente escandaloso de cara a tomar medidas medioambientais mais restrictivas.
Un dato que ó meu entender pon de menifesto o respeto dos visitantes con medio ambente é o confianzudas que resultaban ser as gaivotas, que ao mínimo descoido, levabanche o xantar de unha piteirada.

Así pois, neste mesmo mes de agosto, volve a sair no citado periódico a iniciativa que se está estudiando poñer en marcha a través de Medio Rural e Cofradía da Illa de Arousa, para restrinxir o acceso ós illotes de Xidoiros.: Pasmado, estou pasmado.
Non saben o que han de facer. O exceso de celo fai que o patrimonio medioambiental nos quede vedado ós cidadans, ós amantes da praia, da montaña, do mar ou de senderismo.
¿Qué mal pode facer a Xidoiros que a xente tome o sol na praia un día de verán e que teñan o seu barquiño fondeado en frente do areoso. Pois eu creo que ningunha. Tampouco no areoso encontrei ningunha señal de vandalismo ecolóxico-medioambiental que houbera que sinalar. Ahora ben, si tódo-los días que hai visitantes, cada un deles leva para a súa casa un saco de area, ou se pon a apañar ameixas por kilos, ou a facer barbacoas, churrascada e sardiñadas e deixalo-lo todo feito unha porquería con excrementos e basura por todas partes, aplaudiría a iniciativa que se está estudiando. Hoxe en día non hai motivos para endurecer o acceso ós illotes e chegado o caso de que se prohibira visitalos ou fondean preto de eles, considero que sería un atropello ós lexítimos intereses dos ciudadans, dos amantes da naútica de recreo, das illas e praias da Ría de Arousa e de calquer outra ría galega.