Onde van aqueles tempos nos que cada quen pregaga por un anaco de terra para traballar, un rabecho de terra onde plantar unhas patacas. Aqueles tempos nos que se percorrían kilómetros a pe para apañar catro garabullos cos que prender o lume da lareira, quentar o lar, preparar o xantar… . Vivíase en estado de alerta permanente ante o medo a ser sorprendidos nun pinar alleo apañando leña, batume, broza… .
Ós mozos de hoxe, estas istorias resultaranlle totalmente descoñecidas, mais os que xa imos indo vellos, lembrámonos de aqueles relatos dos avós, dos pais e dos veciños que nos ilustraban con episodios épicos da sua infancia nos que se contaban aventuras cotidians de ese tipo que hoxe resultarían impensables.
Sin remontarnos moitos anos no tempo, a paixase rural das vilas e pobos das comarcas da Arousa presentaba un aspecto mais traballado, mais coidado, diríamos hoxe, que non cabe dúbida de que sería a envexa dos Concellos de cara a previr o lume que de cotío azouta os nosos montes e as nosas paixases.
Intentar achegarse ás leiras que de nenos percorríamos en aloucadas contendas bélicas, ás viñas que asaltabamos nos derradeiros días do verán, ás fontes que procurabamos para aplacar a sede das tardes de fútbol e xogos inimaxinables, tórnase una misión imposible. A maleza é a dona da paisaxe. Leiras a monte, toxos, silveiras. Abandono do agro á sua sorte.

No hay comentarios:
Publicar un comentario