miércoles, 5 de octubre de 2011

Liñeira & Me




Perdoade que non me presentara. Ese que vedes na foto é o que escribe esta liñas, e de liñas, vai o nome da dorna que tamén aparece na foto. A dorna coa que de cando en vez navego por este blog (e tamén po-la ría) con intención de entreteñerme e entreteñer ós que queiran seguir a estela que deixamos.

Liñeira e o seu nome. É unha dorna polbeira, de oito cuartas que ven sendo en centímetros uns trescentos noventa e oito de eslora para ser exacto, e uns cento cincuenta de manga. E unha dorna leveana, bastante fácil de manexar, tanto en terra coma no mar, ainda que no mar e mellor seguir o refrán de …barco grande ande ou non ande… , porque cando o vento fresco do noroeste nos sorprende na hora do xantar, lembramonos do terrible e acolloante que pode chegar a ser o mar e que ven a decirnos que somos demasiado fráxiles e vulnerabeis.
Liñeira é moza, soio ten 13 anos. Nasceu no ano 1.998, alá en Aguiño, e soio sale o mar nos veráns, a percorrer todo-los recunchos que pode ó longo da Ría de Arousa. Mais lonxe non vai, lóxicamente.. Nembargantes, ten percorrido distancias que farían levar as mans á cabeza a mais de un: dende Riberia hasta Sálvora, mais de seis millas nauticas a motor e calma chicha (ida) e temporal de volta mais de unha vez, (canto lle teño que agradecer ó Mercury 4 que non se parara). Aventuras inconscientes do perigo que xa non se repiten por mor de atoparnos con algún serio contratempo. Aventuras que soio obedecen ó atractivo dos bos “caladeiros” que se atopan nos arredores de Sálvora: Cabeceiros, Vionta, Noro,


ainda que no interior da ría, tamén se poden encontrar boas “fanequeiras” a pesares de que cada día son menos os que se dedican á pesca tradicional e as marcas ou postas, van caendo no olvido. Antes era unha tradición que pasaba de pais a fillos. Hoxe son contados os mariñeiros que saben algunhas e as que se conocen apenas teñen peixe. E posible que a paulatina desaparción do peixe non soio sea debido a explotación abusiva dos recursos do mar, sinon ó  tan comentado cambio climático que posiblemente xogue o seu papel. Hai especies que desapareceron sin deixar prácticamente rastro como o buraz por ejemplo i e que un grado mais ou un grado  menos da temperatura da auga pode suponer a extinción total de algunhas especies, ou que estas migren a otros mares.


A dorna, para min, non é unha afición recente, (nin o mar, a ría ou a praia que sempre me gustaron). Os que somos aficionados á estas actividades gardamos no baul da nosa memoria aqueles primeiros días da nosa infancia nos que nos arrimábamos a unha pedra na seca e con un cacho de tanza e unha bica tentabamos de tomar algunha lorcha. Ou á punta do muelle á procura de algunha maragota ou algún serrán, para logo xa sendo un pouco mais grandes convencer ós avós a que nos levasen á beirada, e conseguilo despois de ter que aguantar unhas boas rosmadas. Eso para os que tiñan avós, que no meu caso non era, tendo que estar á procura de mais sorte para caerlle simpático a algún que outro xubilado que se enroiase a levarme ó mar.

Así as cousas a día de hoxe, vese que os que gostamos de disfrutar do mar en compañía de unha embarcación tradicional, sexa dorna, gamela, buceta, etc, somos cada día mais. Soio hai que ver as concentración anuales que se fan (a última de Carril) para percatarnos de que a día de hoxe a afición non está condenada a extinción.
Que así sea e que has disfrutedes.
Seguiremos falando.
Juan.






No hay comentarios:

Publicar un comentario