lunes, 28 de noviembre de 2011

Asesoramento Financieiro



Aquela mañá, a señora Josefa  díxolle ao seu home que os carpinteiros rematarían o traballo en tres días e que tiña que ir ao Banco  po-los cartos para pagarlles o que faltaba por pagar.
Ao día seguinte, o señor Ciprián, o seu marido dende facía mais de cincoenta anos, levantouse cedo, coma todo-los días, xa que gostaba de madrugar. Visteuse axiña e marchou á Vila ao Banco a po-los  cartos que faltaban e que a súa muller lle comentara o día anterior.
Cando chegou, a oficina estaba chea de xente e optou por dar una volta po-lo rueiro pois prefería pasear que estar esperando media hora ata que o atendesen.
Cando case unha hora,  ao fin se sentou diante do empregado da sucursal bancaria, pideulle retiran   dous mil cincocentos euros.

.- ¡Dous mil cincocentos euros! , nin mais nin  menos, amosou o empregado con un tono entre sorpresa e incredulidade que case raiaba na indignación.

.- Pero ¿para que quere vostede dous mil cinco centos euros?.

.- Son para pagarlles aos carpinteiros.

.- ¿ Eló, que carpinteiros son eses, que lle están a facer ?

.- É que estamnos a cambiar a cociña da casa, que xa ten moitos anos e facíalle falta un cambio… .

.- ¿E como se lle ocorre cambia-la cociña, ca crise que vai?. ¿Non sería mellor que a deixara como está, non vaia a ser que lle fagan falta os cartos para comer?.

… E que queres que che diga, mozo. Son cousas da muller. Xa sabes como son as mulleres.

.- Bueno, pois tantos cartos non llos podemos dar ata mañá. Veña mañá a por eles. Ainda que repítolle que non me parece boa idea.


Tres horas despois, o señor Ciprián e a señora Josefa estaban na sobremesa,  rematando o xantar que coma todo-los días de inverno, tiñan unha dose de monotonía mais alta do que sería de dexesar, cando a muller preguntou ao seu marido.

.- ¿Fuches ao Banco a busca-los cartos?.

.- Sí, fun.

.- E, ¿truséchelos?.

.- Non. Dixerónme que eran moitos cartos e que ata mañá non os terían. Que fose mañá. Ademáis, dixéronmen que non era boa idea sacar tantos cartos para amañar unha cociña.

.- ¡Queee!. ¿Cómo que moitos cartos?... e ¿Cómo saben eles que son para a cociña?.

.- Porque dixenllo eu.

.- E ti para que lle dis nada. A quen lles importa o que ti fas cos cartos. Son teus.

.- … e que me preguntaron para que os quería.

.- ¿Cómo?. … e vas ti e disllo. Así, sin mais. Pero… ti es parvo, ¿non?. A ti non che vai ben a cabeza paréceme a min. Vas ter que ir ao médico a que che dea unhas pastillas para o riegho. Porque, xa está ben. ¡Decirlle que son para arreglar a cociña!. ¿Qué lle importa a ese para que queres os teus cartos?. Mira, estou por ir alá agora mesmo. Si non fora porque xa estará pechado. De verdade Ciprián, estás parvo de todo, de todo, mira que… .

Así pois, ao día seguinte e despois de amargarlle ó xantar do día anterior  á sua muller, e de ter que oirlle un bo feixe de rosmadas durante toda a tarde, o señor Ciprián, presentouse á primeira hora da mañá na sucursal bancaria da vila.
Cando lle tocou o seu turno, o empregado do día anterior xa sabía a que viña e sin mais preguntoulle:

.- Qué, ¿pensouno mellor?.

.- Pois sí mozo, imos a rematar coa cociña de unha vez e quero levar os cartos.

.- Bueno, pois aquí ten os cartos neste sobre. Cónteos.

O señor Ciprián contou todo-los billetes  un a un, non fora  ser que faltase algo e despois non poidera reclámalos.

.- Sí. Está todo.  Graciñas eh, ata logiño.

.- Adiós señor Ciprián, e non os destrage  que custa moito traballo aforralos. –díxolle o empregado do Banco de viva voz cando se iba-.

Ao chegar á casa, a sua muller estaba un pouco impaciente esperando a que volvera da Vila e cando o veu entran po-la porta  díxolle.

.- ¿Qué?, traelos ou non. Non me vaias  decir que ao final non os tiñan ou que non quixeran darchos, porque, bueno… .

.- Sí muller, aquí están.

Así pois,  sentáronse a contalos e ao rematar a conta a muller deixou escapar un pequeño suspiro de satisfacción.

Ai, pensei  que non iban a estar todos. Hoxe en día  non se pode un fiar de  ninguén,. Nin siquera no Banco están os cartos seguros.

A señora Josefa, volveu a meter todo-los billetes ordenadiños no sobre que lle deran ao seu home no Banco, e deixouno caer enriba da mesa. Nel podíase ler con letras grandes a rotulador:

Dinero del Sr. Ciprián: 2.500 € para pagar a los carpinteros que le están cambiando la cocina de su casa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario