jueves, 27 de octubre de 2011

Moito Verde

Onde van aqueles tempos nos que cada quen  pregaga por  un anaco de terra para traballar, un rabecho de terra onde plantar unhas patacas. Aqueles tempos nos que se percorrían kilómetros a pe para apañar catro garabullos cos que prender o lume da lareira, quentar o lar, preparar o xantar… . Vivíase en estado de alerta permanente ante o medo a ser sorprendidos nun pinar alleo apañando leña, batume, broza… .
Ós mozos de hoxe, estas istorias resultaranlle totalmente descoñecidas, mais os que xa imos indo vellos, lembrámonos de aqueles relatos  dos avós, dos pais e dos veciños que nos ilustraban con episodios épicos da sua infancia nos que se contaban aventuras cotidians de ese tipo que hoxe resultarían impensables.
Sin remontarnos moitos anos no tempo, a paixase rural das vilas e pobos das comarcas da Arousa presentaba un aspecto mais traballado, mais coidado, diríamos hoxe, que non cabe dúbida de que sería a envexa dos Concellos de cara a previr o lume que de cotío azouta os nosos montes e as nosas paixases.
Intentar achegarse ás leiras que de nenos percorríamos en aloucadas contendas bélicas, ás viñas que asaltabamos nos derradeiros días do verán, ás fontes que procurabamos para aplacar a sede das tardes  de fútbol e xogos inimaxinables, tórnase una misión imposible. A maleza é a dona da paisaxe. Leiras a monte,  toxos, silveiras. Abandono do agro á sua sorte.
Na foto podese observar o cambio que experimentou o entorno da praia da Lombiña-Cabío no derradeiros 60 ou 70 anos, aproximadamente. O monte rapado da Pedra da Moura, é a proba evidente de que por aqueles tempos non medraba nin un toxo que poidera ser aproveitado para o uso doméstico. Hoxe, está cuberto por pinos, toxos, xestas e toda clase de plantas silvestres da nosa flora galega, que se están a convertir en un verdadeiro quebracabezas para os que teñen encomendado a tarefa de coidar o entorno e evitar os abafantes incendios forestais .

miércoles, 5 de octubre de 2011

Liñeira & Me




Perdoade que non me presentara. Ese que vedes na foto é o que escribe esta liñas, e de liñas, vai o nome da dorna que tamén aparece na foto. A dorna coa que de cando en vez navego por este blog (e tamén po-la ría) con intención de entreteñerme e entreteñer ós que queiran seguir a estela que deixamos.

Liñeira e o seu nome. É unha dorna polbeira, de oito cuartas que ven sendo en centímetros uns trescentos noventa e oito de eslora para ser exacto, e uns cento cincuenta de manga. E unha dorna leveana, bastante fácil de manexar, tanto en terra coma no mar, ainda que no mar e mellor seguir o refrán de …barco grande ande ou non ande… , porque cando o vento fresco do noroeste nos sorprende na hora do xantar, lembramonos do terrible e acolloante que pode chegar a ser o mar e que ven a decirnos que somos demasiado fráxiles e vulnerabeis.
Liñeira é moza, soio ten 13 anos. Nasceu no ano 1.998, alá en Aguiño, e soio sale o mar nos veráns, a percorrer todo-los recunchos que pode ó longo da Ría de Arousa. Mais lonxe non vai, lóxicamente.. Nembargantes, ten percorrido distancias que farían levar as mans á cabeza a mais de un: dende Riberia hasta Sálvora, mais de seis millas nauticas a motor e calma chicha (ida) e temporal de volta mais de unha vez, (canto lle teño que agradecer ó Mercury 4 que non se parara). Aventuras inconscientes do perigo que xa non se repiten por mor de atoparnos con algún serio contratempo. Aventuras que soio obedecen ó atractivo dos bos “caladeiros” que se atopan nos arredores de Sálvora: Cabeceiros, Vionta, Noro,


ainda que no interior da ría, tamén se poden encontrar boas “fanequeiras” a pesares de que cada día son menos os que se dedican á pesca tradicional e as marcas ou postas, van caendo no olvido. Antes era unha tradición que pasaba de pais a fillos. Hoxe son contados os mariñeiros que saben algunhas e as que se conocen apenas teñen peixe. E posible que a paulatina desaparción do peixe non soio sea debido a explotación abusiva dos recursos do mar, sinon ó  tan comentado cambio climático que posiblemente xogue o seu papel. Hai especies que desapareceron sin deixar prácticamente rastro como o buraz por ejemplo i e que un grado mais ou un grado  menos da temperatura da auga pode suponer a extinción total de algunhas especies, ou que estas migren a otros mares.


A dorna, para min, non é unha afición recente, (nin o mar, a ría ou a praia que sempre me gustaron). Os que somos aficionados á estas actividades gardamos no baul da nosa memoria aqueles primeiros días da nosa infancia nos que nos arrimábamos a unha pedra na seca e con un cacho de tanza e unha bica tentabamos de tomar algunha lorcha. Ou á punta do muelle á procura de algunha maragota ou algún serrán, para logo xa sendo un pouco mais grandes convencer ós avós a que nos levasen á beirada, e conseguilo despois de ter que aguantar unhas boas rosmadas. Eso para os que tiñan avós, que no meu caso non era, tendo que estar á procura de mais sorte para caerlle simpático a algún que outro xubilado que se enroiase a levarme ó mar.

Así as cousas a día de hoxe, vese que os que gostamos de disfrutar do mar en compañía de unha embarcación tradicional, sexa dorna, gamela, buceta, etc, somos cada día mais. Soio hai que ver as concentración anuales que se fan (a última de Carril) para percatarnos de que a día de hoxe a afición non está condenada a extinción.
Que así sea e que has disfrutedes.
Seguiremos falando.
Juan.






lunes, 22 de agosto de 2011

Sobre Cíes ... e Xidoiros


Fai uns días, podíase ler nun coñecido periódico rexional galego, a noticia do gran aumento de persoas que visitan as Illas Cíes, sobre todo en temporada de verán. Parece ser que a administración xa está poñendo coto ao número de visitantes que se acerca a esta paradisíacas illas limitando o número de visitantes co fin de preservar o delicado equilibrio medioambiental ao que se esta a exponer co incremento de visitantes.

Teño que decir que recentemente estiven este verán nas illas e si ben e certo que tiñan un gran número de vistantes, tamén hai que decir que non vin nin unha soa mostra de falta de respeto ás normas do parque, nin de vandalismo nin de ningún feito por parte dos visitantes que poidera realmente ameazar o fráxil equilibrio do ecosistema que por parte da administración se quere reforzar. En todo caso podería sinalar como falta de bon gusto a pouco decorosa a elevada música do restaurante do porto de Rodas, pero polo demáis, ningún feito que poidera ser realmente escandaloso de cara a tomar medidas medioambientais mais restrictivas.
Un dato que ó meu entender pon de menifesto o respeto dos visitantes con medio ambente é o confianzudas que resultaban ser as gaivotas, que ao mínimo descoido, levabanche o xantar de unha piteirada.

Así pois, neste mesmo mes de agosto, volve a sair no citado periódico a iniciativa que se está estudiando poñer en marcha a través de Medio Rural e Cofradía da Illa de Arousa, para restrinxir o acceso ós illotes de Xidoiros.: Pasmado, estou pasmado.
Non saben o que han de facer. O exceso de celo fai que o patrimonio medioambiental nos quede vedado ós cidadans, ós amantes da praia, da montaña, do mar ou de senderismo.
¿Qué mal pode facer a Xidoiros que a xente tome o sol na praia un día de verán e que teñan o seu barquiño fondeado en frente do areoso. Pois eu creo que ningunha. Tampouco no areoso encontrei ningunha señal de vandalismo ecolóxico-medioambiental que houbera que sinalar. Ahora ben, si tódo-los días que hai visitantes, cada un deles leva para a súa casa un saco de area, ou se pon a apañar ameixas por kilos, ou a facer barbacoas, churrascada e sardiñadas e deixalo-lo todo feito unha porquería con excrementos e basura por todas partes, aplaudiría a iniciativa que se está estudiando. Hoxe en día non hai motivos para endurecer o acceso ós illotes e chegado o caso de que se prohibira visitalos ou fondean preto de eles, considero que sería un atropello ós lexítimos intereses dos ciudadans, dos amantes da naútica de recreo, das illas e praias da Ría de Arousa e de calquer outra ría galega.

jueves, 12 de mayo de 2011

Aquela gamela varada.

Aquela gamela varada na praia. Xa non volverá ó mar. Aqueles días nos que batía cas ondas da ría ou percorría o espellado mar, quedarán na memoria de todos-los que con ela disfrutamos. Hoxe, o sitio donde habitaba está  valdeiro, ainda que igual de fermoso que sempre.

viernes, 25 de marzo de 2011

A vueltas con el furtivismo






A VUELTAS CON EL FURTIVISMO

…”En el ambiente casi festivo al que invitaba un radiante día de sol, cientos de vecinos de Rianxo, Cabo de Cruz, a Illa, aprovechando las amplias bajamares de la última luna llena, se han acercado a los arenales para practicar el ancestral y sano ritual del marisqueo. Han sido unas jornadas de marcado carácter lúdico que pone de manifiesto que las antiguas y legítimas tradiciones siguen vigentes en la sociedad contribuyendo al hermanamiento de los pueblos por medio de una costumbre venerada desde la antigüedad. …

Así me gustaría leer el encabezamiento del artículo que J.M.Jamardo, firma en la columna de Barbanza de hoy 24 de marzo de 2.011, sobre las mareas vivas y el incremento de los furtivos.
Sin embargo, todo lo contrario. Palabras como furtivos, controles, decomisos, roubar, Garda Civil o ilegales, delatan que el mariscador aficionado está criminalizado en los pueblos del litoral, sin que nadie mueva un dedo para cambiar esa actitud y regularizar, de una vez por todas, el ejercicio de esta práctica. A lo mejor, la expresión de marisqueo aficionado, no es la más acertada, pero llámese como quiera, es el derecho de cualquier vecino a bajarse a un espacio público, como es la playa, a coger una caldeirada, sin que por ello haya que rasgarse las vestiduras y entrar en una vorágine de calificativos hirientes que, para nada, se ajustan a la realidad.

La inmensa mayoría de esas personas (por no decir la totalidad), que han sido injustamente calificadas de furtivas, son personas sencillas, honradas y trabajadoras (o jubiladas) que simplemente quieren hacer uso de un derecho, de una práctica que les ha sido trasmitido de generación en generación, que no es más que una afición, un pasatiempo sin ánimo de lucro y que de estar debidamente regulado, evitaría a los que lo practican, el agravio cotidiano de verse señalados como unos delincuentes.

Existe un vacío legal en esta materia y el único culpable de que no se regule  es la administración, que legislatura tras legislatura obvia este  tema, bien por desinterés o presiones de otros grupos interesados en el marisqueo y que hace que año tras año sigamos con el mismo tema cada vez que hay luna llena o nueva: a vueltas con el furtivismo.

jueves, 3 de febrero de 2011

A Praia da Lombiña

A praia da Lombiña é un espazo natural, único e irrepetible como outros moitos ó longo da xeografía galega.
Os que aprendemos a nadar nela, van xa moitos anos, miramos con un pouco de tristeza como a paixase de dornas que fondeadas ou varadas,  decoraba boa parte da praia, foi languidecendo pouco a pouco cos anos. Hoxe apenas queda unha, como a que vemos na foto, que nestas datas xa está varada terra adentro, con poucas posibilidades de voltar a percorrer as agradecidas augas da ría de arousa. Soio nos queda a esperanza de que o progreso non acabe por desfigurar o entorno que rodea a praia, que  xa bastante cambiou  nos últimos anos, ainda que poideríamos entender que para ben, pero que non siga. Triste sería ve-la convertida nun Benidorm arousan.

miércoles, 2 de febrero de 2011

Regulación del libre marisqueo ¡Ya!

Desde hace unos años, los aficionados a la pesca y al marisqueo recreativo, asistimos atónitos a la prohibición, que desde distintos sectores (cofradías, consellería etc.), se hace del marisqueo recreativo a toda aquella persona que quiera practicarlo. Esta actividad, es, como todos sabemos, una costumbre ancestral en los pueblos ribereños de Galicia. Su prohibición, es, cuanto menos, un atropello, que no deja indiferente a nadie, y mucho menos a personas de una determinada edad, hoy jubiladas, y a su hijos,  que conocieron de sus padres y abuelos la práctica de bajarse a la playa en días de seca a capturar unas nécoras o recoger un par de kilos de almejas.
Hoy en día, cualquier intento de esa práctica,  conlleva la persecución por parte de vigilantes, denuncias y calificativos como furtivos.
Se habla mucho en presa y medios de comunicación de playas y zonas de libre marisqueo, pero la pregunta es: libre marisqueo ¿para quién?, ¿para mí que estoy jubilado? o ¿para mi hijo que está de vacaciones?, no, es exclusivamente para los que tienen el permex o pertenecen a una cofradía etc. O sea, que la playa es de ellos. Ya no es de todos.
Desde este canal, quisiera aportar la idea de regular por ley el marisqueo recreativo o aficionado o como se quiera llamar y que seguro que alguien ya lo habrá considerado en alguna ocasión, si bien las circunstancias quizás lo hayan desaconsejado en determinadas ocasiones, pero que no se puede dejar aparcado indefinidamente puesto que ello supone vulnerar el derecho de unas personas en beneficio de otras que se dedican profesionalmente a su práctica.
 Sirva como ejemplo el caso de otras Comunidades Autónomas como la de Canarias, ya tienen regulada esta práctica y aunque las circunstancias sociales y económicas son muy diferentes, podría servir de ejemplo para una cobertura legal de los aficionados al marisqueo que en determinados días de bajamar sólo quieren bajarse un par de horas a la seca y llevarse una caldeirada.