jueves, 3 de febrero de 2011

A Praia da Lombiña

A praia da Lombiña é un espazo natural, único e irrepetible como outros moitos ó longo da xeografía galega.
Os que aprendemos a nadar nela, van xa moitos anos, miramos con un pouco de tristeza como a paixase de dornas que fondeadas ou varadas,  decoraba boa parte da praia, foi languidecendo pouco a pouco cos anos. Hoxe apenas queda unha, como a que vemos na foto, que nestas datas xa está varada terra adentro, con poucas posibilidades de voltar a percorrer as agradecidas augas da ría de arousa. Soio nos queda a esperanza de que o progreso non acabe por desfigurar o entorno que rodea a praia, que  xa bastante cambiou  nos últimos anos, ainda que poideríamos entender que para ben, pero que non siga. Triste sería ve-la convertida nun Benidorm arousan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario